Saltar ao contido
Madeiras Lamas S.L.Madeira para exterior. Somos fabricantes. — Inicio

Quen somos

A nosa empresa foi creada en 1997, dedicándose nun principio á venda de castiñeiro e de piñeiro tratado por inmersión.

En 1999 empezouse a traballar a carpintaría exterior con maquinaria especializada e o tratamento por inmersión foi substituído polo autoclave, aplicando un tratamento de nivel IV, proporcionando como mínimo unha vida útil á madeira de 10 anos para pezas que estean en contacto co chan ou a auga.

Modificáronse as instalacións, renovando as naves e as oficinas, instalando aspiración a través de ciclón para o silo e comprando tractores para o traballo forestal.

Todas estas melloras na nosa infraestrutura leváronnos a mellorar na calidade dos nosos produtos tanto para empresas como para particulares, especialmente no referente a paseos marítimos e obra pública, contando con tecnoloxía avanzada que nos permite procesar aproximadamente 10.000 m³ de madeira anuais.

Por último, a compra de secadeiros fainos máis eficaces á hora de acurtar os prazos de entrega, asegurando a calidade dos nosos produtos.

Entre estes produtos que lles podemos ofrecer e de xeito orientativo, podemos citar:

  • Casetas, estruturas en madeira, pérgolas.
  • Tarimas de exterior.
  • Bancos, mesas, papeleiras, carteis…
  • Varandas de diferentes modelos.
  • Rastreis de diferentes medidas.
  • Postes torneados.
  • Estacas rústicas para peches.

Ademais, como somos fabricantes, podemos producir case calquera produto de piñeiro tratado segundo plano, respectando as preferencias dos nosos clientes.