Saltar ao contido
Madeiras Lamas S.L.Madeira para exterior. Somos fabricantes. — Inicio

Condicións xerais

Propiedade intelectual e Copyright

O propietario desta web e o seu contido é a empresa Madeiras Lamas S.L. Queda prohibida a transmisión, cesión, venda, aluguer e/ou exposición pública desta web sen a correspondente autorización dos seus donos. A información e consellos presentados nesta web son de carácter orientativo, quedando Madeiras Lamas S.L. exenta de calquera responsabilidade derivada da falta de exactitude ou efectividade na citada información ou consellos.

A información de terceiros que poida incluírse no sitio web está suxeita aos correspondentes avisos sobre dereitos de propiedade intelectual correspondentes a estes.

Contido do sitio web

Madeiras Lamas S.L. ofrece na súa web información relacionada co tipo de actividade, produtos e servizos que realiza, nos termos e condicións que sexan pactados.

Madeiras Lamas S.L. resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información contida en www.madeiraslamas.net podendo limitar ou non permitir o acceso á citada información. Especialmente, Madeiras Lamas S.L. resérvase o dereito a eliminar, limitar ou impedir o acceso á súa web cando xurdan dificultades técnicas por feitos ou circunstancias alleas a Madeiras Lamas S.L. que, ao seu criterio, diminúan ou anulen os niveis de seguridade adoptados para o correcto funcionamento da web.

Madeiras Lamas S.L. declina calquera responsabilidade contractual ou extracontractual coa persoa ou empresa que tivese perdas de calquera natureza ocasionadas por virus informáticos ou por elementos informáticos de calquera índole ao non podermos garantir ao 100% a ausencia de virus nin doutros elementos na web.